martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

O BNG pide iluminación no parque Marcos Cela e Adega rexeita a do paseo do Rato

Lara Méndez y Darío Campos acudieron para supervisar los trabajos
Lara Méndez y Darío Campos acudieron para supervisar los trabajos
A asociación ecoloxista considera que os 300 focos que está previsto que se instalen xunto á canle fluvial suporán un gran impacto sobre a flora e fauna deste espazo natural

O grupo municipal do BNG anunciou este mércores que pedirá ao Concello que acometa obras de instalación de iluminación no parque Marcos Cela, na unión desta zona verde co paseo do Miño, xa que considera que melloraría a seguridade na zona.

O portavoz nacionalista Rubén Arroxo asegura que esta petición lles foi trasladada por veciños que pasan a diario por este parque para achegarse ata o Miño. Arroxo recorda que nos investimentos aprobados en xullo incluíase unha partida para enlazar os Marcos Cela coa Volta da Viña, a través dun carreiro peonil no que tamén estaba previsto instalar iluminación. "Este paso é a día de hoxe moi usado para unir a zona de Magoi co barrio da Ponte ou o parque do Miño, por ser o camiño máis curto, e malia isto non inverno non ten ningún tipo de iluminación", dixo o edil.

Pero mentres o BNG pide luz para o parque Marcos Cela, a organización ecoloxista Adega solicitou que se paralice o proxecto de iluminación do paseo do Rato, xa que considera que os 300 focos que está previsto que se instalen xunto á canle fluvial suporán un gran impacto sobre a flora e fauna deste espazo natural, onde hai especies de hábitos nocturnos. Ademais, cre que haberá un "desperdicio de enerxía", un incremento de emisións de CO2 e que a contaminación luminosa impedirá ver as estrelas.

Por iso, Adega insta a Deputación e Concello a "abandonar proxectos desfasados e desproporcionados, que pertencen máis a políticas arcaicas pouco respectuosas coa natureza".

O BNG pide iluminación no parque Marcos Cela e Adega rexeita a do...
comentarios