''O ano catorce estrenouse o asfalto en Lugo''

A Raíña con tráficoLa fachada de la Nova, avanzaba casi a la mitad de la calzada de la calle de la Reina; no se podía circular todo alrededor de la catedral, porque una casa adosada al templo lo impedía y el reloj del Ayuntamiento cubría sus campanas con un tejadillo o cubierta nada artísticas y completamente inútil.
Amador Montenegro López-Saavedra / Lugo

Era un Lugo, aquel de mis años mozos, dado a ir de vinos y a pasear antes del mediodía y del anochecer por la calle de la Reina, continuando el paseo plaza Mayor abajo. Un Lugo de entrañables recuerdos para mí, en el que hice parte del Bachillerato -en San Marcos y Conde Pallares-, y el servicio militar, en San Fernando, y la iniciación en el amor mercenario en una de las casas que había en la calle Nóreas. Había otras muchas zonas en las que abundaban las casas de lenocinio, sobre todo en la barriada del Miño y Recatelo.
Xavier Costa Clavell / Lugo

Lugo con sus calles magnas como la calle de la Reina, preciosa, corta y ancha bajo mis ojos de niña, y arriba, abajo, arriba, abajo, mirándose a hurtadillas los unos y las otras de acera en acera y siempre con el reloj a punto de las despedidas los sábados y los domingos, Hay muchos, quizás cientos de Lugos, también el de los callejones estrechos, oscuros e imposibles donde las galerías y balcones parecen besar a los de enfrente. Fueron esas rúas íntimas y recónditas cómplices de tantos paseos hasta llegar a los coches de choque que San Froilán nos traía cada mes de octubre... y los bailes en las calles y ese sentimiento de que era el último regalo del verano antes de empezar el colegio, principio y final de todo.
Paloma San Basilio / Lugo

O ano catorce estrenouse o asfalto en Lugo. Polas festas do Corpus xa estaban asfaltadas a rúa da Raíña e a Plaza Maior. A véspera do Domingo das Mozas veu a Lugo Mingos de Marei, trouxendo na súa egua a súa filla máis nova, a Lucía, unha cativa de once anos. Deixaron a besta na taberna do Sarnas, no barrio de San Roque. Entraron en Lugo pola Porta de San Pedro. Barbañaba e o asfalto brillaba. Ao chegar á Praza Maior, a nena tirou da manga da chaqueta a seu pai e dixo: «Ai papaíño!... Mira que lousa tan grandisma, e toda ela dunha peza…».
Ánxel Fole / Lugo

A lembranza máis antiga trae unha imaxe de nena declarando que xa tiña sete anos; inquirido, retruco eu con medio imitada resignación que sigo en catro. Pola conta, debeu ser no 1958. Fico no limiar da casa, temos á fronte o lateral da Capela de San Roque e non hai vía pavimentada: camiño de terra, sen nome, conduce desde a rúa do santo ata a de Ramón Montenegro, facendo curva que deixa á dereita un campo onde pace o cabalo do carboeiro, miña nai pon a roupa ao clareo e nós xogamos con pelota ou o que cadre.
Xosé Manuel González / Lugo

Quería falar sobre o lugar no que nacín, As Arieiras, ou onde me deberon enxendrar; xa que, nacer, nacín onde casi todos os daquela década, no Materno da Residencia (hoxe xa non podería ser). Dentro do barrio, hai categorías. Os que vivimos nas Arieiras, somos xente que está acostumada a ollar por enriba, xa que moramos alí no souto da colina. Somos un chisquiño máis morenos, o sol chega antes e vaise despois; e incluso cando hai brétema ao carón do Miño, os de alá arriba andamos que parecemos xirasoles.
José Manuel Núñez Losada / Lugo

Yo vivía en Queipo de Llano y siendo muy niño un día salí andando hasta el Campo de la Feria. No supe volver hasta que un señor se dio cuenta que estaba perdido y me llevó a casa.
Manuel Julio Reigosa Martín / Lugo

Hoy parece que Casas Baratas está en el centro de Lugo, pero en nuestra época infantil estaban muy alejadas. De hecho cuando se hacía una compra dentro de murallas y se pedía que la llevasen, muchos comercios decían: «No, hasta allí no se la llevamos».
Carlos Marcos Fernández / Lugo

Para hacer las Casas Baratas se constituyó una cooperativa de unos 150 socios, pero pasaron muchos años antes de hacerse realidad. Si se hubiesen mantenido todos los que había desde el principio, el triple de los que finalmente quedaron, las Casas Baratas llegarían hoy hasta Fonte dos Ranchos. Aquellos terrenos se rellenaron.
Julián Marcos Fernández / Lugo

Nacín fronte á porta de San Fernando e o cura que me bautizou era don José Fernández Núñez, o que foi o verdadeiro promotor e fundador desta parroquia nos anos corenta do século pasado, e que era home tan ilustrado como bo e xeneroso, ademais de ser tío do escritor Manuel María con quen eu teño comentado algunhas veces esta circunstancia. Será en 1945 cando, con axudas públicas, privadas e eclesiásticas que haberían de continuar -supoñemos que de xeito desigual ao longo do tempo-, se adquiren tres parcelas para construír a igrexa, con proxecto do arquitecto lucense Ruperto Sánchez. O templo concibiuse como un gran edificio de aires neomedievais de resabios románicos e góticos en pleno século XX, o que lle confire un carácter entre ecléctico e historicista moi típico para a época. A primeira pedra, precisamente a da que sería a capela do Perpetuo Socorro, colocouse en 1946, sendo bispo Rafael Balanzá y Navarro, e encargándose das obras o contratista e enxeñeiro Rodolfo Lama, obras que continuarían logo ata 1961 coa contrata de José Gómez.
Felipe Arias Vilas / Lugo

Posteriormente se dividió el local. Parte al Mercantil y el resto fachada a Santo Domingo. Había un bar, un salón de limpiabotas y un despacho de los autobuses Burozos. Ahora está Zara, ¡menuda diferencia favorable! La mayoría de las arcadas eran entradas a los citados locales. Después se instaló el Banco Hispano, que fue quien cerró las arcadas a media altura, contrariamente al proyecto original, y no se protegió el edificio... Ahora, por lo que sea, se le llama palacete y la Consellería de Cultura o el Concello lo declaran edificio protegido. ¿Por qué?
Antonio Díez Ramón / Lugo

Si é certo que, no 1976, se chantaba na Praza de San Domingo unha alta columna que soportaba, riba do capitel, unha pretendida aguia imperial romana de bronce -obra do escultor a quen lle fora concedida oficialmente a honra de facer a máscara facial do defunto dictador-, tan pouco airosa de posición e feitura que, de contado, pasou a ser coñecida coma o Pombo e tomada a chacota polos cidadáns. Non quedou máis remedio que trocala por outra, ergueita e coas ás abertas, aínda que había quen estaba disposto a indultar a primeira co convencemento de que era gardadora dalgún feitizo de boa sorte porque aquel ano tocara en Lugo o gordo da lotería do Nadal.
Paco Martín / Lugo

En esta calle (Santiago) me crié y aquí siguen viviendo mis padres. Además, está enfrente del pabellón de los deportes, donde he vivido tantos buenos momentos. Mi mujer se queja de que la cuesta para llegar al centro es muy pronunciada.
Manel Sánchez / Lugo

 

 

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

comentarios