O alcalde de Verín quéixase da falta de medios mentres a Xunta defende a "rápida intervención"

Pánico en Verín por las llamas
photo_camera Pánico en Verín por las llamas

O alcalde da localidade ourensá de Verín, Gerardo Seoane, cuestionou este venres a deficiencia de medios para neutralizar desde o inicio o incendio rexistrado no municipio que queimou xa máis de 1.200 hectáreas.

Seoane sinalou que o lume se podería "atallar" de haber medios de "intervención rápida" para controlalo cando "era pequeno" inicialmente e evitar así a súa rápida propagación. "Está claro que a vixilancia non funciona. É conveniente pensar nalgún sistema de intervención inmediata para que o lume non se propague porque despois é incontrolable", reflexionou Seoane, nunha valoración inicial do sucedido.

Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, afirmou que houbo unha "rápida resposta". Nunha conferencia de prensa, Vázquez sinalou que o operativo foi despregado en só "oito minutos" tras o aviso de incendio, detectado o xoves cara ás 16:30 horas nunha zona da parroquia de Vilamaior de Val e que se estendeu con rapidez polo municipio de Verín, o que obrigou ás autoridades a cortar tramos de autovía e estrada que xa foron reabertas ao tráfico.

A reacción do operativo non permitiu, con todo, neutralizar o lume, que se estendeu rapidamente debido en parte a condicións "de vento e seca" extremas na zona, "aparte no que se refire a climatoloxía", dixo a representante do Goberno autonómico.

Comentarios