O alcalde de Láncara propón nomear a Raúl Castro como Fillo Adoptivo

A proposta de Darío Piñeiro susténtase nas raíces familiares do presidente de Cuba co municipio
Los hermanos Fidel y Raúl Castro
photo_camera Los hermanos Fidel y Raúl Castro

O Concello de Láncara celebra este xoves ás 21.00 horas un pleno no que se tratará a proposta do alcalde, Darío Piñeiro, para o nomeamento do presidente de Cuba, Raúl Castro, como Fillo Adoptivo de Láncara. 

A proposta do alcalde susténtase nas raíces familiares de Castro neste municipio, do que era natural o seu pai, Ángel Castro Argiz. Ademais, o seu irmán, o anterior presidente cubano Fidel Castro, foi nomeado Fillo Adoptivo no ano 1992, tras a súa visita ao concello lancarés. Outra das razóns que defende Piñeiro para este nomeamento é a existencia dun irmandamento de Láncara co municipio cubano da Lisa. Doutra banda, o Concello tamén pretende adquirir mediante compra ou cesión, a propiedade que a familia Castro aínda conserva no municipio. Desta forma, a vivenda podería converterse nun museo aberto ao público.

OUTROS ASUNTOS. No pleno tamén se tratarán outros temas como dar conta do estado de gastos da Feira de Ano e do expediente dun camiño de Santa María de Lama. Ademais, atenderanse as propostas da alcaldía sobre o apoio á petición formulada polos veciños da parroquia de Abragán, do concello do Corgo, en relación ao transporte escolar, e a relativa á aprobación do calendario laboral de 2017.

Comentarios