Novas canles de TDT achegan a oferta completa de televisión a 450 veciños

A posta en funcionamento das novas canles ou múltiplex da Televisión Dixital Terrestre (TDT) no centro reemisor ribadense, prevista para o día de hoxe, 19 de outubro, permitirá achegar a oferta completa deste sistema de emisión televisiva a preto de 450 veciños, que antes carecían do servizo ou o sintonizaban de forma parcial.

Así, os beneficiados por esta instalación, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, gozarán das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma: na canle 47 atoparán TVEHD e Teledeporte; no 44 estarán Cuatro, Canle+Dos, LaSexta2 e LaSextaHD; no 32 atoparán Boing, TelecincoHD, MTV e A 10 e no número 58 sintonizarán Nitro, Antena3HD, MarcaTV e 13TV.

Os interesados poden confirmar se dispoñen da cobertura necesaria chamando ao teléfono 981.57.21.54 ou consultando na web da Oficina Técnica da TDT. Logo, basta con axustar a antena colectiva, realizar a procura da canle e comprar un receptor adecuado para as cadeas que emiten en alta definición .

Comentarios