Nova denuncia contra Baltar no xulgado

A muller de Ourense que acusa a Manuel Baltar de terlle ofrecido un posto de traballo a cambio de manter relacións sexuais deu un paso máis e, tras acudir á Fiscalía, optou por ir ao xulgado de garda para presentar un escrito no que narra uns feitos relativos a 2009 e que, segundo ela, poden ser constitutivos de delito de acoso sexual, prevaricación e violencia de xénero.

Mentres tanto, o PP celebra como unha "boa noticia" que a Fiscalía arquivase a primeira denuncia contra Manuel Baltar e afea a postura da oposición. Nestes termos manifestouse Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG.

Comentarios