Galicia terá un día de nubes e claros

Mapa da previsión do tempo para este xoves.METEOGALICIA
photo_camera Mapa da previsión do tempo para este xoves.METEOGALICIA

Galicia continuará este xoves nunha situación atmosférica pouco definida, de pantano barométrico. Polo tanto, os ceos estarán con presenza de nubes de tipo medio-alto e máis despexados na metade sur, con nubes baixas no litotal norte e brétemas costeiras. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso no litoral pola tarde.

Comentarios