Ningún dos 18 hospitalizados pola explosión se atopa grave

Varios dos pasaxeiros sufriron queimaduras e cortes de carácter leve
Una agente escolta a una herida en los alrededores de la estación de metro Parsons Green en Londres
photo_camera Una agente escolta a una herida en los alrededores de la estación de metro Parsons Green en Londres

Dezaoito persoas foron hospitalizadas este venres tras resultar feridas pola explosión dun artefacto nun tren do Metro de Londres, mentres varios pasaxeiros sufriron queimaduras e cortes, segundo informaron os servizos de urxencia.

No entanto, a fonte precisou que as feridas destas 18 persoas non revisten gravidade.

A explosión, que provocou un lume, produciuse nun cubo branco que estaba dentro dunha bolsa de supermercado nun vagón dun tren con capacidade para 865 pasaxeiros.

O ataque -perpetrado sobre as 08.21 hora local (07.21 GMT)- ocorreu na estación de Parsons Green, no tramo externo da liña District Line, que foi suspendida parcialmente, entre as estacións de Wimbledon e Earls Court.

Un pasaxeiro, identificado só como Lucas, dixo a BBC que escoitou "unha explosión moi forte" e que viu "a persoas con lesións leves, queimaduras na cara, brazos, pernas".

TERRORISMO. A primeira ministra británica, Theresa May, presidirá na tarde deste venres unha reunión do comité de urxencia Cobra, formado polo principais ministro do Goberno.

As forzas da orde confirmaron que tratan o ocorrido en Parsons Green como un "incidente terrorista", que provocou unha "bóla de lume" nun tren repleto de pasaxeiros.

O Reino Unido sufriu este ano varios atentados, como o perpetrado o pasado marzo ante o Parlamento de Londres; o do estadio Manchester AreNa, ao norte de Inglaterra, en maio; o da Ponte de Londres, en xuño, e outro, tamén en xuño, nunha mesquita do norte da capital británica.

Comentarios