Nin Messi nin Ronaldo

Xaime Castro, con los álbumes de cromos del CD As Pontes. (Foto: C.A.)
photo_camera Xaime Castro, con los álbumes de cromos del CD As Pontes. (Foto: C.A.)

Centos de cromos para atopar a Messi, a Casillas, a Iniesta ou a Ronaldo. É o habitual. Cada un ten o seu favorito. Cambios infinitos para completar todos os ocos nos álbums da liga cada tempada. Pero os nenos ponteses esqueceranse estes días dos balóns de ouro e do Madrid ou do Barça para centrarse no seu equipo, o CD As Pontes, que esta semana saca á venda a súa propia colección de cromos, que inclúe a todos os xogadores dos 13 equipos da entidade, aos adestradores e aos delegados.

Os cambios serán entre Kiko, o porteiro do primeiro equipo, ou Bossa, un dos máis goleadores; Cañizares, un xogador local, ou centos de nomes do fútbol de base, unha lista na que, seguro, os xogadores loitarán por atoparse a si mesmos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios