Neymar nega que pense en irse ao Real Madrid: "Son feliz agora"

O brasileiro asegura, tras o triunfo de Brasil en Xapón, que está contento no PSG e nega que teña problemas con Unai Emery
Neymar
photo_camera Neymar

Brasil impúxose por 1-3 a Xapón, con goles de Neymar (de penalti), Marecelo e Gabriel Jesús, e o dianteiro do PSG falou claro para El Globo: " Non estou anoxado, vin por vontade propia para falar o que penso. Eu son moi realista, non me gustan os balbordos, as historias... Falo desde a incomodidade de persoas que pensan que saben de todo e non o saben. Por iso é máis fácil que se escoite da miña boca. Non teño ningún problema no PSG, o que me molesta é a presión da prensa. Eu son un tipo que lle gusta gañar, gústanme os títulos e funme ao PSG para iso. Estou contento. Eu era feliz cando deixei o Barcelona e son feliz agora".

Neymar, de quen se chegou a especular coa posibilidade de que recalase no Real Madrid ao atoparse supostamente a contragusto en París, insistiu en que non ten ningún problema con Edinson Cavani nin co adestrador, Unai Emery. "De feitofun ao PSG co seu aval", asegura o brasileiro, que di estar molesto coa "presión" á que o somete a prensa.  "Todo o que se dixo é mentira", insiste.

Comentarios