Navantia promociona as súas fragatas en Arabia Saudita

Navantia promociona un das súas fragatas en Arabia Saudita, a F-104 Méndez Núñez, a penúltima dunha serie de cinco modernos buques de combate.

A 'Méndez Núñez', construída por Navantia nos estaleiros galegos do grupo na ría de Ferrol, atracou o luns no porto de Jeddah (Arabia Saudita), tres días despois de finalizar a súa participación na Operación Atalanta, contra a piratería no Índico.

Fontes do ministerio de Defensa indicaron hoxe que o buque recibiu unha visita dunha delegación da Mariña Saudita.

O comandante da 'Méndez Núñez' mostrou aos militares árabes "as capacidades das fragatas F-100 da clase 'Álvaro de Bazán', que xubilaron ás antigas da clase 'Baleares', fabricadas nos 70, e a tripulación realizou unha demostración cunha recreación dun escenario de ameaza figurado -aéreo, submarino e de superficie- no Centro de Información ao Combate (CIC).

Na visita polo buque estivo presente o presidente de Navantia, José Manuel Revolta, que dirixe o grupo público de estaleiros españois xunto co embaixador de España en Arabia, Joaquín Pérez Villanueva.

Arabia ten en marcha un concurso internacional, ao que tamén opta Navantia, para adxudicar o deseño e a construción de varias fragatas.

Comentarios