Nace a filla de Cristiano e Georgina Rodríguez

A familia medra. O xogador do Real Madrid anunciou a boa noticia este domingo a través das redes sociais
Cristiano Ronaldo junto a Georgina Rodríguez, Cristiano Jr. y la pequeña Alana Martina
photo_camera Cristiano Ronaldo junto a Georgina Rodríguez, Cristiano Jr. y la pequeña Alana Martina

A primeira filla en común de Cristiano Ronaldo e Georgina Rodríguez naceu este domingo. O propio xogador do Real Madrid deu a boa noticia a través das súas redes sociais.

"A Alana Martina acaba de nascer! Tanto a Geo como a Alana estãou muito bem! Estamos todos muito felizes!", escribiu o portugués en Twitter e Instagram xunto a unha foto dos pais, a recén nada e Cristiano Junior que, con sete anos, é o fillo maior do xogador.

Ademais, o pasado xuño chegaron á vida do futbolista os mellizos Eva e Mateo, tras un proceso de maternidade subrogada. 


Comentarios