Muguruza estrea o número un en Xapón

A tenista española debutará este mércores no Aberto feminino de Tokio
Muguruza, con el trofeo que la acredita como número uno del tenis mundial
photo_camera Muguruza, con el trofeo que la acredita como número uno del tenis mundial

Garbiñe Muguruza recibiu este luns en Tokio o trofeo de número un do mundo, nun acto previo ao debut da española no Aberto feminino de Xapón —categoría Premier e dotado con 890.100 dólares en premios— que terá lugar este mércores contra a gañadora do duelo entre a portorriqueña Monica Puig e a taiwanesa Su-Wei Hsieh.

Garbiñe, que parte como primeira favorita, posou para a prensa no hotel Grand Nikko Tokio Daiba da capital xaponesa, sostendo o trofeo que a acredita como a raíña da WTA e a muller número 24 que logra ese posto, xusto antes de que comezase a gala das xogadoras.

"UN PESO IMPORTANTE". A tenista española relatou nunha entrevista a Efe que a súa coroación como número un do tenis muldual é "un soño feito realidade" que lle axuda a "durmir máis tranquila", aínda que recoñece que queda moito por diante e vai ser moi difícil". "Agora vénme un peso importante, competir con esta estrela detrás das costas" explicou.

Comentarios