Moito máis que un café

Inauguración de la exposición en la Casa da Cultura de Burela.
photo_camera Inauguración de la exposición en la Casa da Cultura de Burela.

O IES de Foz segue sendo un exportador nato de talentos dentro do mundo da hostalería. O seu último logro é a incursión de Michael Sante, alumno de segundo do ciclo medio de servizos, na quinta edición do campionato SCAE de baristas, ou o que é o mesmo, do certame nacional da especialidade.

Sante tomará parte do evento correspondente á rexión noroeste, onde só están os mellores e onde aspira a lograr unha praza na gran final nacional que se celebrará en Barcelona en marzo. Pero antes, concretamente mañá, irá á Coruña para demostrar todo o seu bo facer preparando cafés. Con só 20 anos este mozo participa no seu terceiro concurso destas características, e fai moi pouco conseguiu un meritorio quinto posto precisamente no certame de profesionais do Campionato Internacional de Baristas de Foz.

«Eu vou con moita ilusión e con toda a forza para intentar quedar no podio, que sería fabuloso», indicou Sante. Un bo resultado do mariñán na Coruña abriríalle as portas á gran final nacional e, quen sabe, se ao campionato mundial que se celebrará en Melbourne e en Niza.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios