M.Rural inicia unha investigación sobre incendios de Outeiro de Rei e Bande

A Consellería de Medio Rural abriu unha investigación sobre os incendios forestais acontecidos o xoves en Outeiro de Rei (Lugo) e o que permanece activo e controlado desde este venres en Bande (Ourense).

Medio Rural sinala nun comunicado que ante as "informacións cruzadas" sobre un escape nunha queima, unido a unha "posible neglixencia" dos Servizos de Montes de Lugo e Ourense, respectivamente, abriu unha investigación interna para esclarecer o ocorrido.

Segundo o departamento que dirixe Samuel Juárez, o resultado desta investigación farase público cando finalice "co obxectivo de depurar calquera responsabilidade".

O incendio de Bande, que está controlado, segundo a Xunta, queimou, segundo unha primeira estimación unhas 430 hectáreas, mentres que o lume arrasou unhas 50 hectáreas no incendio do xoves en Outeiro de Rei.

Comentarios