A moza galega con discapacidade recorrerá ao Tribunal de Estrasburgo para poder votar

A petición presentarase, probablemente, en xaneiro despois de que o Constitucional non se pronunciase no asunto

A familia da moza galega con discapacidade á que o Tribunal Supremo denegoulle o dereito ao voto acudirá ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) para que se lle recoñeza a súa capacidade para o exercicio do dereito de sufraxio activo. 

É o paso que dará a representación legal desta familia despois de que o Tribunal Constitucional (TC) decida non pronunciarse sobre o asunto. "O Constitucional perdeu unha gran oportunidade para meterse de cheo no asunto", declarou a Efe a avogada da familia de Mara, a letrada Lourdes González, para quen a "única" noticia boa da sentenza do TC é o voto contrario da súa vicepresidenta Adela Asúa. 

"Polo menos sabemos que no Constitucional hai unha persoa que recoñece un dereito fundamental das persoas", indicou González, que confirmou que presentarán recurso ante o TEDH de Estrasburgo "probablemente" no próximo mes de xaneiro.

Comentarios