Moreno alcanza primeiro a 'fin do mundo' e Nibali recupera o liderado

O español Dani Moreno (Katusha) foi o gañador da cuarta etapa da Vuelta a España, disputada hoxe entre Lalín e Fisterra, con 189 quilómetros e na que o italiano Vincenzo Nibali, do Astana, recuperou o liderado.

Moreno conquistou esta tarde a fin do mundo -Fisterra- cunha arrancada a 500 metros de meta que lle permitiu cruzar a liña cun tempo de 4h37:46, facendo inútil o esforzo do suízo Fabian Cancellara (Radioshack), quen foi segundo. O estadounidense Horner non puido manter o seu efémero primeiro posto.

Así como onte a carreira estivo toda a etapa por baixo da media máis lenta calculado, hoxe discorreu cun dos máis rápidos previstos pola organización.

A xornada estivo inicialmente marcada pola escapada de Wyss (BMC), Edet (Cofidis), Veikkanen (Francaise deas Jeux), Vanendert (Lotto-Belisol) e Rasmussen (Garmin-Sharp) que se distanciaron do pelotón e acumularon, mediada a etapa, máis de seis minutos de vantaxe co pelotón.

A oitenta quilómetros da meta, a fuga xa estaba controlada con 4,30 de diferenza e en descenso, xa que o equipo Omega entrou á substitución cos RadioShack na cabeza de pelotón.

Nese momento á etapa, de percorrido qurebapernas, con infinidade de subidas e baixadas, aínda quedaba por diante o aliciente do ascenso ao espectacular Miradoiro de Êzaro, a 34 quilómetros de meta.

Ramplas de ata o trinta por cento de desnivel disolveron a escapada do suízo Wyss, o finlandés Veikkanen, o belga Vanendert e o danés Rasmussen. Era un dos puntos chaves do día, xa que o durísimo Ézaro ten soamente dous mil metros de lonxitude pero con porcentaxes como para deixar cravado a calquera.

Alí quedou só na cabeza o francés de Cofidis Nicolas Edet, quen coroou con trinta segundos de vantaxe e, pouco despois, foi cazado polo gran grupo.

A nove quilómetros da meta, controlaban a marcha Orica, Cannondale e RadioShack e na subida final ao Faro de Fisterra atacou Juan Antonio Frecha, pero Dani Moreno impúxose nun emocionante final a pesar de que o suízo Fabian Cancellara intentou collelo nos últimos metros.

Mañá disputarase a quinta etapa, entre Sober e o Lago de Sanabria, Zamora, de media montaña e 174,3 quilómetros de percorrido. La Vuelta sae de Galicia logo de catro xornadas e entra en Castela e León.

Comentarios