Presupuestos Generales del Estado 2016

Cristóbal Montoro fai entrega no Congreso dos Presupuestos de 2016

As contas públicas deste exercicio —que inclúen un aumento do gasto social do 3,8% e unha mellora salarial para os empregados públicos— comezarán a súa tramitación en pleno mes de agosto
El ministro de Hacienda, Cristóbal Montoro (derecha), y el presidente del Congreso, Jesús Posada, durante el acto de presentación
photo_camera El ministro de Hacienda, Cristóbal Montoro (derecha), y el presidente del Congreso, Jesús Posada, durante el acto de presentación

O ministro de Hacienda, Cristóbal Montoro, entregou este martes ao presidente do Congreso, Jesús Posada, o proxecto de Presupuestos Generales del Estado para 2016 que, a diferenza doutros exercicios, comezará a súa tramitación en pleno mes de agosto pola convocatoria de eleccións xerais no outono.

Pasadas as 09.45 horas, Montoro posou para os medios gráficos no Patio de Floridablanca, acompañado polos secretarios de Estado de Administraciones Públicas, Presupuestos y Gastos, Hacienda, e a secretaria de Estado de Coordinación Local.

Acto seguido, dirixiuse ao Salón de Pasos Perdidos, onde se celebrou oficialmente o acto de entrega do proxecto de lei a Posada, en presenza de altos cargos do Ministerio de Hacienda, o secretario de Estado de Relacións coas Cortes, José Luis Ayllón, e membros da Comisión de Presupuestos do Congreso.

Nesta ocasión, os Presupuestos chegaron ao Congreso de forma telemática e non en formato físico, como un CD ou un lapis de memoria.

Montoro entregou a Posada unha cartolina con dous códigos QR que permiten a descarga das contas públicas en calquera dispositivo electrónico, un arquivo de máis de 480 megabytes.

Non obstante, os Presupuestos entraron tamén na Cámara baixa no tradicional formato de papel, cos diferentes libros por capítulos de gastos e ingresos para a súa consulta polos deputados.

Tras a entrega oficial, a Mesa do Congreso reúnese para decidir o calendario de tramitación das contas públicas, e cara ás 11.30 Montoro ofrecerá unha rolda de prensa para informar en detalle das contas do Estado para 2016.

Tamén está previsto que os portavoces parlamentarios comparezan ante a prensa para analizar o contido do proxecto que o Goberno quere ter aprobado antes da convocatoria de eleccións, previstas para o mes de decembro.

Espérase que a terceira semana de agosto comecen as comparecencias de altos cargos ante a Comisión de Presupuestos para explicar as contas por departamentos, mentres que a última semana deste se celebre o debate de totalidade no pleno do Congreso.

Os Presupuestos para 2016 —que prevén un teito de gasto de 123.394 millóns, o 4,4% menos que en 2015— dedicarán o 53,5% a gasto social, ata 188.130 millóns, o 3,8% máis.

De cada 100 euros que se gastarán o próximo ano, 39 dedicaranse ao pago de pensións, 7 a prestacións por desemprego e políticas activas e outros 8 a gastos sociais.

Logo de reunirse este luns con Montoro para preparar a presentación dos Presupuestos, a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, asegurou que a recuperación económica permitiu deseñar unhas contas públicas que reforzan o Estado de benestar, devolven aos cidadáns os esforzos que fixeron durante a crise e incrementan a partida destinada a investimento.

Comentarios