Montoro di que se buscan "fórmulas" para pagar as nóminas aos funcionarios cataláns

O Govern volveu render contas a Facenda, segundo desvelou o ministro
Cristóbal Montoro en su comparecencia en el Congreso
photo_camera Cristóbal Montoro en su comparecencia en el Congreso

O Goberno controla desde este mércores todos os pagos da Generalitat, despois de que o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, asine unha orde para a non dispoñibilidade orzamentaria de créditos no orzamento de Cataluña para 2017, o mesmo día no que o Govern volveu a render contas.

Ao vencer o prazo de 48 horas dado polo Goberno á Generalitat para que aprobase ese acordo de non dispoñibilidade, e dado que o Govern catalán non atendeu ese requirimento, Montoro asinou a orde para facelo, da que informou ao vicepresidente catalán, Oriol Junqueras, e á interventora xeral da comunidade, Rosa Vidal.

Precisamente Vidal volveu a remitir esta semana as certificacións semanais a Facenda esixidas en xullo para garantir que non se desvía diñeiro público a financiar o referendo ilegal do 1 de outubro.

E fíxoo despois de que Junqueras informase a semana pasada de que a Generalitat deixaría de enviar as certificacións, negativa que conduciu a que o venres a Comisión Delegada de Asuntos Económicos aprobase intervir as contas do Govern.

Montoro anunciou este cambio de criterio da Generalitat na súa comparecencia ante a Comisión de Facenda do Congreso, onde sinalou tamén que isto non varía a intervención das contas, que se manterá de xeito "indefinido" mentres persista o risco de que se desvíen fondos públicos ao referendo.

Nesta dinámica, advertiu de que quen estea a destinar diñeiro público ao 1-O está a cometer unha "manifesta ilegalidade", da que terá que responder incluso co seu patrimonio. Ademais, negou o carácter político da intervención, que cualificou de "neutra", e sostivo que "a autonomía segue funcionando a plena capacidade".

Sobre o abono das nóminas aos funcionarios cataláns, garantiu que non están en perigo e explicou que o Goberno está a buscar a forma que lles permita coñecer o importe das mesmas para poder pagalas incluso a pesar da "falta de colaboración" da Generalitat.

Outra das actuacións afectan as entidades bancarias e aos provedores, a quen Montoro avisou de que poderían incorrer incluso en responsabilidades penais se non se ateñen á lei.

Comentarios