Montilla xustifica a súa ausencia na votación do 155 no Senado pola súa condición de expresident

El senador socialista José Montilla
photo_camera El senador socialista José Montilla

O único senador do PSC, José Montilla, explicou que non podía votar a favor da aplicación do artigo 155 da Constitución en Cataluña porque, na súa condición de expresidente da Generalitat, tamén ten que actuar representando a aqueles cataláns que non están de acordo coa "idoneidade" destas medidas.

Nunha comparecencia no Salón de Pasos Perdidos na Cámara Alta, sinalou que tampouco podía votar en contra das medidas debido á actitude irresponsable das autoridades catalás, que vulneraron a lei e situaron a Cataluña ao bordo dun "precipicio de incalculables consecuencias".

Montilla ausentouse da votación, que seguiu por televisión desde o Salón de Pasos Perdidos onde posteriormente se dirixiu aos medios de comunicación, ante quen recoñeceu que ten dúbidas respecto da constitucionalidade dalgunhas das medidas aprobadas.

Comentarios