As piscinas municipais de Rábade non abrirán este verán, segundo admite o alcalde, o independente Francisco Fernández Montes, quen busca apoios para acabar esta obra, moi demandada polos veciños. Así, o goberno local está intentado solicitar o respaldo da Deputación de Lugo para finalizar os traballos de construción desa infraestrutura.
Nos últimos meses, o Concello realizou varias actuacións no recinto, no que desde o 2010, ano o que se xestou o proxecto, executou varias fases. Entre eses traballos máis recentes figurou a construción de