Monterroso traslada ao outono a próxima Feira do Queixo da Ulloa

Visitantes de la pasada edición de la Feira do Queixo da Ulloa, que tuvo lugar en Antas de Ulla. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Visitantes de la pasada edición de la Feira do Queixo da Ulloa, que tuvo lugar en Antas de Ulla. (Foto: Pepe Tejero)

A vixésimo terceira edición da Feira do Queixo da Ulloa, cuxa organización corresponde nesta ocasión ao Concello de Monterroso, presenta este ano importantes novidades. A primeira delas é a relativa á data, xa que deixa de celebrarse nos meses de primavera -como ata agora era habitual- para facelo a finais de outubro, concretamente, o domingo 26.

O cambio fará que Monterroso se encha xa de visitantes cinco días antes da popular Feira de Santos, que cada 1 de novembro leva á localidade a miles de persoas procedentes de toda Galicia. O alcalde monterrosino, o socialista Antonio Gato, cre que concentrar estes dous eventos en practicamente a mesma semana resulta moi positivo, xa que «unha feira tira da outra» e como a súa oferta é complementaria «fará que a vila sexa visitada durante máis días».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios