A chaira da Compañía de Monforte é unha praza difícil de tourear para calquera artista. é extremadamente grande e aberta, e o feito de que os concertos das patronais sexan gratuítos implica que o público é heteroxéneo. O cantante ten que meterse no peto tanto aos avós que saíron a tomar o fresco, como aos adolescentes que gozan do botellón ou aos pais que acompañan aos seus fillos pequenos nas súas primeiras saídas. Se a iso sumamos que a noite do martes ao mércores a temperatura foi máis baixa do habitual para o sur da provincia, nin OBK nin Soraya Arnelas tíñano fácil para actuar a metade de semana.
Buscar
Notificacións
Secciones
Monforte non foi a praza de OBK
Más en Noticias
Noticias
Redacción
02/jul./22
comentarios