Moncho Busto Peteiro: ''O obxectivo final é manter vivas as nosas tradicións''

Busto Peteiro (Foto: EP)
photo_camera Busto Peteiro (Foto: EP)

Moncho Busto, coñecido por todos na parroquia guitiricense dos Vilares, é o encargado de organizar diferentes actividades da Romería Labrega de Chaira ademais de preparar cada ano o libro ‘O voceiro’ que contén diferente información, coma artigos dos veciños dos Vilares.

comprometido co eido rural galego e con todos os veciños da parroquia dos Vilares, cada ano dedica parte do seu tempo na planificación, xunto co resto de integrantes da comisión, da Romería Labrega da Chaira, que esta fin de semana celebra na carballeira do Cancelo a vixésimo terceira edición cun cartel cheo de actividades e de actuacións. Durante esta semana ultiman os derradeiros detalles para que todo este preparado para gozar dunha romería semellante ás que celebraban os devanceiros, con xogos populares para que os veciños e os visitantes rememoren os costumes e as tarefas da súa infancia labrega.

Como foron os seus inicios como organizador desta romaría?

A Romería Labrega dos Vilares leva celebrándose desde hai 23 anos, e eu levo sendo integrante da comisión desde hai 20, polo que levo vivido e organizado moitas edicións. Comecei a interesarme desde que casei coa miña muller que é natural da parroquia dos Vilares. Nun principio colaborei na creación de ‘O Voceiro’ con diferentes artigos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios