Miguel San Claudio propón enterrar a Magdalena baixo a area para protexela

Falou en Viveiro sobre o pecio, xunto ao director do Museo Naval de Ferrol, no 206 aniversario do naufraxio en Covas
Corona de laurel depositada en el monumento de Os Castelos
photo_camera Corona de laurel depositada en el monumento de Os Castelos

Os actos en recordo dos falecidos no naufraxio da fragata Magdalena e o bergantín Palomo, acaecido na praia de Covas o 2 de novembro de 1810, incluíron este sábado unha charla no multiusos de Viveiro, que reuniu ao director do Museo Naval de Ferrol e capitán da Armada, Bartolomé Cánovas, e ao arqueólogo submarino Miguel San Claudio, quen propuxo enterrar baixo a area o pecio da fragata a fin de protexer os seus restos, que agora están totalmente expostos.

San Claudio recalca a importancia de contar con restos dun feito histórico con posibilidades de estudo, así como a necesidade da súa salvagarda. "O método máis sinxelo é enterralo, que non é unha tarefa excesivamente dificultosa nin cara, e vou propolo, porque non podemos permitirnos a súa perda gratuíta".

Pola súa banda, Bartolomé Cánovas explicou que os feitos ocorreron na época napoleónica, cando a flota española aliouse á inglesa para reconquistar o país e tratou de facerse con Santoña, de onde saíron a metade dos barcos e onde a Magdalena e o Palomo perderon as áncoras. En caso de contratempo tiñan un plan de reagrupamiento en Viveiro.

A galerna motivou que algúns saísen despedidos dos barcos e outros foron recollidos polo resto de buques. Moitos cortaron os paus e capearon o temporal pero os naufragados en Covas non puideron ao perder as áncoras. De feito, a pequena que está no monumento dos Castelos era a única que quedaba á Magdalena, que non evitou a colisión.

Comentarios