O mércores estará cuberto no norte de Lugo

Galicia quedará durante o mércores progresivamente baixo influencia anticiclónica, de forma que se esperan bancos de néboa matinais que darán paso a ceos con máis nubes no extremo norte e pouco nubrados no resto, con nubes altas que non impedirán o paso do sol.

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro ascenso

Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico, con intervalos fortes pola tarde.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 13° 18°

Ferrol 11° 19°

Lugo 7° 19°

Ourense 9° 24°

Pontevedra 10° 24°

Santiago 9° 20°

Vigo 12° 23°

comentarios