''O meu soño é crear un museo e ensinar este recuncho da Mariña''

José Ventoso.
photo_camera José Ventoso.

JOSÉ VENTOSO, propietario e restaurador do Pazo de Tovar

Medio século despois de que os impolutos chanzos situados fronte ao monumento a Lincoln, en Washington, fosen escenario do momento por todos recordado grazas á frase ‘I have a dream' un laurentino de orixe humilde escoitou como na súa cabeza resoaban esas mesmas palabras cando un golpe do destino colocou fronte aos seus ollos a oportunidade de facer seu un pasado ligado a un pedazo de historia. Laurentino de nacemento e corazón, José Ventoso non é capaz de mirar atrás e recordar a súa infancia sen falar do Pazo de Tovar. Situado na parroquia de Santo Tomei, Tovar foi fogar da súa familia desde fai máis de douscentos anos, o lugar que lle viu nacer e o protagonista do seu soño.

¿En que consiste o seu soño?

Desde fai xa bastantes anos o meu soño é crear un museo no propio Pazo de Tovar que permita ensinar a todo aquel que o desexe este recuncho da Mariña lucense tan repleto de historia. Trátase dun proxecto que teño na cabeza desde hai tempo e que se completará cun Centro de Interpretación dos Pazos Galegos do que é promotor o Concello de Lourenzá e para o que o Instituto Pai Sarmiento colabora moi activamente.

Coñecido o seu soño, ¿que lle impulsou a facelo realidade?

Tras unha ampla e profunda investigación atopei documentación que sitúa á miña familia como arrendataria do pazo desde fai, polo menos, uns 275 anos. Eu mesmo nacín entre as súas paredes e ata hai só catorce anos seguiamos aquí. Fai nove tiven a oportunidade de facerme con el e non o dubidei nin un minuto. Como se pode ver a miña familia e eu estamos moi unidos a este lugar que ademais de ser o meu fogar está cheo de historia e tradición.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios