A Mesa do Comercio aproba nove proxectos por 270.000 euros

Melloraranse recintos feirais en Gontán, Pantón e O Páramo
Antonio Veiga presidió la reunión que este jueves celebró la Mesa do Comercio
photo_camera Antonio Veiga presidió la reunión que este jueves celebró la Mesa do Comercio

A Mesa do Comercio de Lugo, que presidida pola Deputación está constituída por representantes dos municipios con menos de 20 establecementos comerciais da provincia, aprobou este xoves nove proxectos, por un importe global de 270.000 euros, destinados á promoción comercial en diversas localidades lucenses. A reunión estivo presidida polo vicepresidente da institución e responsable da área de cooperación cos concellos, o nacionalista Antonio Veiga. 

Esta entidade valorou os proxectos de obras presentados para a adecuación e mellora do mercado de Gomeán, no municipio de Abadín, o que permitirá que o Concello se acolla a subvencións dos fondos Feder e que supoñen un investimento de 44.124 euros. Tamén se deu luz verde ao proxecto do Concello de Pantón para a mellora de espazos dedicados a mercados tradicionais de apertura periódica e ao do Páramo,• para executar a segunda fase do acondicionamento do campo da feira. Ademais, o Concello de Portomarín xustificou as axudas para a peonalización de varias rúas. 

Por outra arte, a Mesa do Comercio destacou os proxectos de dinamización desenvolvidos na provincia de Lugo pola Federación Galega de Comercio, como os realizados para a incentivación de compras na comarca da Mariña ou en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia.

Comentarios