Melide recolleu 20.000 quilos de plásticos nunha campaña de reciclaxe

A concellaría de medio ambiente de Melide, cuxo responsable é o edil socialista Manuel Prado, recolleu máis de 20.000 quilos de plásticos agrícolas nunha campaña de reciclaxe que acaba de finalizar.

Durante varias semanas, efectivos do Concello percorreron todas as parroquias do municipio. Previamente, foron informados todos os veciños da data e hora á que serían recollidos os plásticos para que os depositasen en lugares determinados. Desta forma, acelerouse o proceso de recollida.

Concienciación
Manuel Prado destaca que "a colaboración dos veciños e a súa concienciación coa reciclaxe é moi importante, por non dicir básica, e campaña a campaña imos observando como se vai incrementando".

Experiencias semellantes desenvolveranse en futuras ocasións, porque a contaminación provocada polos plásticos agrícolas é considerable.

Comentarios