Melide pecha 2013 con case 400.000 euros en positivo

O Concello de Melide pechou o orzamento correspondente ao ano 2013, cun remanente positivo de 397.704,57 euros. Ademais, segundo o goberno local do Partido Popular, durante o pasado ano, produciuse «unha importante mellora» da conta 413 -na que se inclúen facturas fóra de orzamento-, na que se fixo fronte a 188.857,99 euros do ano anterior.

O goberno local tamén sinala que neste 2014 xa pagou 118.456 euros, correspondentes ao ano 2013, dos que 63.887 son de facturas presentadas ao Concello o último día hábil do pasado ano.

O grupo popular argumenta a súa «boa xestión económica» con cifras referentes ao endebedamento do Concello, que se reduciu de 2.492.920 euros do ano 2011 a 1.185.262, da actualidade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios