viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Meijón acusa a Feijóo e a Vázquez de ''ignorar a comunidade educativa'' e de non ''intentar nunca o consenso''

O portavoz do grupo parlamentario socialista en materia de Educación, Guillermo Meijón, acusou este venres ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, de ignorar "á comunidade educativa e nunca intentar o consenso".

Meijón reuniuse este venres cos sindicatos educativos e denunciou, nun comunicado, "o despotismo ilustrado da Xunta en materia educativa por gobernar para o pobo pero sen o pobo".

O deputado socialista refírese "ao enfrontamento sistemático" do Goberno autonómico "cos órganos representativos, xa sexa a Mesa Sectorial Docente, o Consello Escolar de Galicia ou o Consello Galego de FP, que non foi convocado en dous anos", dixo.

Así mesmo, criticou Meijón que a Xunta "obviar á comunidade educativa tamén na reordenación dos horarios lectivos dos docentes, que resultan os máis prexudicados pero non son os únicos afectados".

Para o parlamentario do PSdeG, a reordenación de horarios "afecta claramente á calidade da educación pola perda de preto de 1.000 postos de traballo, a desaparición das clases de reforzo e incluso profesionais para alumnos que necesitan apoio específico".

Meijón acusa a Feijóo e a Vázquez de ''ignorar a comunidade...
comentarios