Medio século entre fregueses

Fai máis de medio século o mosteiro benedictino de Samos recibiu ao vitoriano Miguel Oar Isidoro, de 86 anos de idade, que repartiu a súa vida monástica entre a abadía de San Vicente do Piñeiro, en Monforte de Lemos, e o cenobio samonense. O relixioso deixa pegada nas dúas localidades, o que quedou demostrado durante unha cerimonia en Samos para conmemorar as súas vodas de ouro sacerdotais, pois estivo acompañado por numerosos amigos.

Segundo recorda o monxe, chegou a Samos en 1962 para formarse e dous anos máis tarde ordenouse sacerdote. O seu labor monástica levaríao en 1967 ao mosteiro de San Vicente do Piñeiro de Monforte de Lemos, localidade na que viviu durante «trinta anos». «A casa de San Vicente do Piñeiro sempre foi de Samos, así que cando me fun para alí non houbo ningún problema de papelorio nin nada», explica.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios