A Consellería de Medio Rural e do Mar distribuirá algo máis de tres millóns de euros en 62 concellos da provincia, destinados á constitución de brigadas forestais, a contribuír aos gastos dos vehículos motobomba e á realización de labores de prevención de incendios. O anuncio realizouno onte nunha rolda de prensa a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, quen estivo acompañada polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Ramón Losada.
Arias explicou que este programa se concedeu a todos os municipios da provincia que o solicitaron e detallou as diferentes vías de actuación das que consta e coas que se reforza o operativo disposto a través do Plan de Prevención e Defensa contra vos Incendios Forestais de Galicia (Pladiga).
Consiga AQUÍ a información completa |