Medio Rural e o Concello vilalbés buscan pór en valor as terras agrarias

Vázquez e Baamonde tamén abordaron a mellora dos camiños rurais
Baamonde y la edil Flor Rey, en su encuentro con Vázquez
photo_camera Baamonde y la edil Flor Rey, en su encuentro con Vázquez

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, mantiveron este mércores unha reunión de traballo en San Caetano para abordar diferentes cuestións relacionadas coa mellora do ámbito rural neste municipio.

Ambos se centraron no impulso de actuacións de reestruturación das terras agrarias no concello, coa finalidade de polas en valor e facilitar o seu aproveitamento desde o punto de vista agrogandeiro.

Así, Baamonde trasladou á conselleira o seu interese por seguir promovendo este tipo de procesos para fomentar "as agrupacións de leiras en zonas determinadas dás parroquias", que supoñen unha maior axilidade en canto a proxecto e burocracia que as concentracións parcelarias. "En tres ou catro anos poden estar terminadas", apuntou o rexedor vilalbés, que engadiu que tamén se abordaron as axudas para a mellora de camiños rurais.

Comentarios