Medio Rural dá por extinguido o incendio de Bande con arrdor de 410 hectáreas queimadas

A Consellería de Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal de Bande (Ourense) ás 21 horas de onte, tras queimar, nunha primeira valoración provisional 410 hectáreas.

O incendio comezou o venres ao mediodía na parroquia de San Pedro de Bande e quedou controlado ás 22 horas do mesmo día, segundo apunta o departamento autonómico nun comunicado.

Nos labores de extinción traballaron 8 axentes forestais, 2 técnicos, 15 brigadas, 9 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 7 avións.

O Goberno galego abriu unha investigación para esclarecer se houbo neglixencias dos servizos forestais tanto neste incendio como noutro rexistrado en Outeiro de Rei (Lugo).

Comentarios