Medio milleiro de capóns poranse á venda este domingo na feira de Vilalba

O Concello da localidade concederá un premio de 300 euros ao Mellor Criador, de 200 á Mellor Cesta e de 150 euros ao Mellor Par
Un par de capones vendidos en la pasada edición de la feria
photo_camera Un par de capones vendidos en la pasada edición de la feria

Case cincocentos exemplares -481 segundo o censo oficial- poranse á venda este domingo -día 20 de decembro-, procedentes das explotacións de 39 criadores, na tradicional Feira do Capón de Vilalba , que se celebra na Praza da Constitución da localidade.

Segundo informou a Efe o xerente da Asociación de Criadores do Capón de Vilalba , Gonzalo Hermida, o censo total para a feira deste ano roldaba os 1.800 exemplares, procedentes das explotacións de 62 criadores, pero algo máis de dúas terceiras partes foron vendidas directamente nas casas dos propios produtores.


Deste xeito, os compradores que acudan o domingo á feira só poderán puxar por eses case cincocentos exemplares, distribuídos en 115 cestas, que se porán á venda.

Como vén sendo habitual, o Concello de Vilalba  concederá un premio de 300 euros ao Mellor Criador, de 200 á Mellor Cesta -catro capóns- e de 150 euros ao Mellor Par.

Como agasallo institucional, o Concello de Vilalba  enviaralle un par de capóns a dous dos seus veciños máis ilustres, o cardeal Antonio María Rouco Varela e o director da Real Academia Española (RAE), Darío Villanueva.

Tamén serán agasallados o pregoeiro das festas patronais de San Ramón, o cardiólogo David Filgueira Rama, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. 

Comentarios