Mazoy abre a Semana Santa cunha chamada a ''buscar a luz e o amor''

Noemi Mazoy, al comienzo del pregón (Foto: PEPE ÁLVEZ)
photo_camera Noemi Mazoy, al comienzo del pregón (Foto: PEPE ÁLVEZ)

Noemi Mazoy abriu a Semana Santa de Lugo falando da súa casa, aquel chalé azul onde vivía unha familia numerosa que lle transmitiu —como ela mesma se empeñou en transmitir este venres ao seu auditorio, un Círculo das Artes cheo de xente— o seu amor por Lugo e pola Semana Santa.

A cantante e actriz subiu ao escenario do Círculo das Artes, visiblemente nerviosa e vestida co traxe tradicional galego. Acto seguido, Noemi cantoulle unha canción á Virxe dos Ollos Grandes, da que dixo que era un rezo, unha oración. Tamén interpretou a ‘Ave María' de Schubert.

Tras o canto, dirixiuse "a todos os que nos acompañan desde o ceo, á familia, aos amigos", a quen instou a compartir pensamentos, oracións "e recollemento na procura da luz e o amor", afirmou.

Comentarios