Máis dun centenar de voluntarios fórmanse en prevención de incendios

Asistentes al curso, que se celebra este fin de semana en Samos (Foto: Porto)
photo_camera Asistentes al curso, que se celebra este fin de semana en Samos (Foto: Porto)

Máis dun centenar de persoas fórmanse en Lóuzara, no municipio de Samos, na prevención e defensa contra os incendios dentro dun programa de voluntariado da Xunta de Galicia.

Esta actividade celébrase por sétimo fin de semana consecutivo no concello e finalizará o próximo día 11. En cada quenda participan entre doce e quince persoas de todas as idades e procedentes de distintos puntos de Galicia, aínda que tamén doutras comunidades autónomas.

O programa está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Dirección Xeral de Montes, mentres que Vida Láctea e a fundación O Noso Lareira, de Samos, son as encargadas de polo en marcha.

Os participantes fórmanse en labores de prevención de incendios e na disuasión a través da vixilancia. Ademais, conciencian da importancia da loita contra os incendios aos veciños da zona, que reciben ben esta iniciativa. «Concienciar é complicado na zona, porque a poboación está moi dispersa e é xente maior. Pensamos que unha forma é exporlles os gastos que leva extinguir un incendio e que ese diñeiro se podería investir noutras necesidades dos veciños», explicou un participante no taller.

Os voluntarios realizarán hoxe unha ruta de 14 quilómetros pola zona para levar a cabo labores de recoñecemento de flora e fauna e vixilancia.

Esta actividade, que é totalmente gratuíta, finalizará o próximo fin de semana con novos alumnos. Posteriormente, emitirase un informe á Dirección Xeral de Montes e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que foi elaborado por todos os alumnos que pasan polo programa durante os oito fins de semana que se prolonga e que describirá as necesidades da zona en materia de incendios.

Fin de semana

Os participantes encomian este tipo de programas, que se celebra por segunda vez na comunidade autónoma, porque permite pasar un fin de semana na natureza e aprender sobre a prevención de incendios, dixeron. «Con este curso primeiro conciencíase aos asistentes ao programa e despois estes son os que o trasladan ao pobo. O programa permite vivir unha experiencia e fomentar a concienciación ambiental. Fai falta a concienciación porque se hai tantos incendios é que algo falla», apuntou unha alumna.

é o primeiro ano en que se celebra este programa en Samos, aínda que os colectivos que o levan a cabo esperan que se poida continuar. «Gustaríanos que fora un programa permanente porque a unión dos concellos de Samos, O Incio, Triacastela e Sarria, donde tamén traballamos cos participantes, é a antesala do Courel e se se produce aquí un lume arde todo o parque», sinalou.

Comentarios