Máis da metade dos nenos do Ceip Cervo terán gratuíto o comedor

A Consellería de Educación asegura que máis da metade dos escolares matriculados no Ceip cervense están exentos do pago do comedor, unha afirmación que realizan recordando que se trata dunha «previsión», pois aínda non se pecharon as listas definitivas. Insisten, ademais, en que o seguinte tramo con máis usuarios é o que se corresponde co pago dun euro. Tamén hai nenos que deberán abonar o máximo, 4,50 euros, que son aqueles casos de maior renda per cápita familiar, aínda que este tramo «é unha parte menor», din.

Fontes da consellería indicaron ademais que o feito de que os nenos non acudan a clase pola tarde é algo que se debe valorar desde dirección. «Se consideran que hai moitas faltas sen xustificar deben poñelo en coñecemento de Educación e dos servizos sociais», agregan, á vez que se mostran dispostos a colaborar coa Anpa «para que o proceso educativo se desenvolva de maneira normal».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios