A Maruxaina espera este sábado en San Cibrao a miles de visitantes

Comidas en la playa en la edición del año pasado. AMA
photo_camera Comidas en la playa en la edición del año pasado. AMA

San Cibrao prepárase para vivir o sábado a súa gran festa, A Maruxaina, un evento no que todo o pobo e miles de achegados festexan o indulto á sirena que habita nos Farallóns. Desde alí, a figura, metade muller e metade peixe, será trasladada polos pescadores ata a praia, un desembarco, previsto para as once da noite, que coincidirá cunha gran sesión de fogos artificiais.

A chegada ao areal, e posterior xuízo, cuxo indulto festexarán con música e queimada, constitúe o acto principal dunha festa que arrincará xa pola mañá co potente chupinazo. A partir do mediodía os maruxainos e maruxainas -ataviados co traxe típico de pescantinas elas, en branco e negro, e de mariñeiros, en branco e azul eles- iniciarán desde a Plazoleta un paseo pola vila, ao son dos cornos e a gaita, que son a principal banda sonora da festa, e todos poderán participar no concurso ao carro de comida mellor engalanado, con «recompensa» para os mellores.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios