A xunta de seguridade local de Cervo pechou onte os últimos detalles do dispositivo que levará a cabo durante a celebración da Maruxaina. A presenza dun posto médico avanzado será a principal novidade que se verá este fin de semana en San Cibrao, onde se realizarán as primeiras atencións sanitarias.
Na sesión extraordinaria efectuada para ultimar estes detalles, estiveron presentes o alcalde de Cervo, Afonso Villares; o edil de seguridade cidadá, José Ramón Soto; o subdelegado do Goberno en Galicia, Ramón Carballo e representantes dos corpos de seguridade do Estado.