Martiño Cabana Otero: ''Os ríos chairegos acubillan cantidade de especies''

Martiño Cabana

O biólogo Martiño Cabana, membro da Asociación Galega de Custodia do Territorio, participou nunha actividade de observación da libélula, unha especie presente no ecosistema chairego que transmite gran información medio ambiental

É a cabeza visible dun proxecto que arrincou no 2009 co obxectivo de implicar á sociedade na protección e conservación do medio ambiente. O biólogo Martiño Cabana participou esta pasada fin de semana nunha das actividades promovidas pola Asociación Galega de Custoria do Territorio, na que se achegaron á lagoa de Cospeito para observar ás libélulas, insectos medidores da calidade ambiental dun ecosistema.

Cal é o obxectivo principal desta proposta de observación?

O principal é que os participantes coñezan un grupo de enorme interese e beleza e que sexan conscientes da súa importancia. E, como non, que disfruten dunha actividade na natureza e que coñezan os lugares que se van visitar.

Como foi a experiencia?

Foi moi interesante. Cada ano, máis xente se anima a coñecer este grupo de insectos tan interesante e fermoso e en internet aparecen tódolos días fotografías destes animais de afeccionados que se adican a observalos. Este tipo de xornadas teñen unha grande acollida e iso anímanos a continuar a organizalas.

Esta actividade incluíu unha visita aos humidais de Cospeito ou Riocaldo.

Así é, realizamos

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios