Martes frío en Galicia, pero sen choivas

Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur
Una mujer camina abrigada por Lugo un día de frío y bajas temperaturas. VICTORIA RODRÍGUEZ (AEP)
photo_camera Una mujer camina abrigada por Lugo un día de frío y bajas temperaturas. VICTORIA RODRÍGUEZ (AEP)

As altas presións dominarán de novo o panorama meteorolóxico de xeito transitorio sobre Galicia, achegando estabilidade. Isto quere dicir que as néboas poderán ser persistentes en puntos do interior durante a mañá, pero en xeral o ceo presentarase pouco nubrado ou despexado, soamente con nubes altas que non impedirán o paso do sol.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.

meteogalicia