Martes de ceos cubertos e chuvias en Galicia

As temperaturas non terán cambios significativos, con pouca oscilación térmica

O martes un centro de baixas presións situarase ao noroeste de Galicia xerando circulación do sur intensa. Así, comezaremos a xornada cos ceos cubertos en xeral, e chuvias na fachada atlántica.

Co avance do día as chuvias irán remitindo e iranse abrindo claros de xeito que a tarde será seca e con alternancia de nubes e claros. Á noite chegará unha fronte, que deixará chuvias na metade oeste. As temperaturas non terán cambios significativos, con pouca oscilación térmica.

O vento soprará de compoñente sur, moderado con intervalos fortes en terra, e vento forte no mar.

meteogalicia

Comentarios