A galería Nova Rúa de Lugo acolle desde onte unha mostra da pintora Marta Pardo de Vera, na que a artista colga o seu traballo máis recente. Trátase de preto dunha trintena de óleos e debuxos nos que autora cristaliza a súa querenza pola figura humana, unha figura que xorde, como ela explica, «da miña imaxinación, coma se os cadros fosen historias».
Tampouco escapa á vista do espectador a utilización dunha ampla paleta de cores que iluminan a sala.