Mark Zuckerberg dálle a benvida á súa segunda filla cunha emotiva carta

O fundador de Facebook e Priscilla Chan escríbenlle unha mensaxe sobre "o mundo no que esperamos que creza"
La foto familiar que Mark Zuckeberg subió a Facebook
photo_camera La foto familiar que Mark Zuckeberg subió a Facebook

O fundador de Facebook, Marc Zuckerber e a súa esposa, Priscilla Chan, acaban de ser pais por segunda vez dunha nena. O novo membro da familia chámase August (agosto en inglés), en relación ao mes do ano no que o bebé veu ao mundo. 

E, como xa fixeron coa súa irmá Max (que cumprirá dous anos en novembro), os seus pais decidiron dedicarlle unha emotiva mensaxe de benvida en Facebook sobre "o mundo no que esperamos que creza" e "esperando que non creza demasiado rápido". 

Os orgullosos pais quixeron facer fincapé na importancia da nenez na súa misiva. "O mundo pode ser un lugar serio. Por iso é importante sacar tempo para saír a xogar", recorda Zuckerberg.  "Estarás ocupada cando sexas maior, así que espero que agora te tomes tempo para cheirar todas as flores", desexaba o emocionado pai.

"Espero que leas os teus libros favoritos do Dr. Seuss tantas veces que empeces a inventar as túas propias historias sobre o Viper de Vipp. Espero que te montes no carrusel con Max ata que domestiques todos os cabalos de cores. Espero que corras tantas voltas ao redor da noso xardín como queiras. E espero que tomes unha chea de sestas. Espero que sexas unha gran soñadora. E espero que incluso nos teus soños poidas sentir o moito que che queremos", continuaba o fundador de Facebook e quinto home máis rico do mundo. 

"A infancia é máxica. Só es neno unha vez, así que non malgastes este tempo preocupandote polo futuro. Tesnos a nós para iso, que faremos todo o posible para asegurarnos de que o mundo sexa un lugar mellor para ti e todos os nenos da túa xeración", describía Zuckerberg.

"August, querémosche moito e estamos moi emocionados de comezar esta aventura contigo. Desexámosche unha vida chea de amor, alegría e a mesma esperanza que ti nos deches. Con amor. Mamá e papá", concluía Mark Zuckerberg. 


BAIXA DE PATERNIDADE. O orgulloso papá confirmou ademais varios días atrás que se tomará dous meses de baixa de paternidade polo nacemento de August, do mesmo xeito que xa fixo coa súa primeira filla.  Zuckerberg acóllese así á política de Facebook, que pemite tomarse catro meses de maternidade ou paternidade e asegura que "está seguro de que a oficina estará en pé cando volva". 

Aproveitando o nacemento da súa anterior filla Max, Zuckerberg e Chan anunciaron en decembro de 2015 que doarían o 99 % das súas accións de Facebook á súa fundación benéfica ao longo da súa vida. 



Comentarios