Marica Campo: ''Dende que deixei de fumar hai cinco meses non volvín escribir''

Marica Campo. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Marica Campo. (Foto: Pepe Tejero)

A Asociación de Escritores en Lingua Galega nomeou a Marica Campo como Autora do Ano. Cando lle pides un agradecemento, reméxese na cadeira, ergue a mirada e recoñece que hai cinco meses que non escribe. Fai o xesto de fumar para confesar que deixou ambos praceres.

A AElg homenaxeará o vindeiro mes de xuño a Marica Campo como Autora do Ano nun encontro que terá lugar no Val do Mao (O Incio), onde naceu un 24 de febreiro de 1948. «Nevaba e o meu pai estaba cun pé no outro mundo», apunta que lle contaron.

Está vostede satisfeita con ser nomeada como Autora do Ano polos seus colegas?

É que a xente vai pensar que me nomean iso por algo que publiquei este ano... e non.. non é iso.

Pero non me dirá que non lle presta.

Cando viña para aquí, para a sede de El Progreso, escoitei o que lle dixera Caballero Bonald ao ministro Wert cando lle anunciou o premio Cervantes: «¡Ya era hora!». Eu tamén o creo no seu caso. El cría que o merecía e foi honrado. Eu tamén quero ser honrada, pero sinceramente, penso que hai outros que merecen que lles dean esa honra e non a min.

Vostede ten unha obra...

Teño unha obra relativamente pequena para a miña idade, 65 anos. Se todo o tempo que dediquei a ir a sitios, vostede xa me entende, sen preguntar se ía cobrar, e moitas veces non cobraba. Pero estou orgullosa diso.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios