Mar amplía ata o 31 de marzo de 2014 o prazo para solicitar axudas aos GAC

A Consellería de Medio Rural e Mar amplía o período para a solicitude de axudas a proxectos subvencionados polos Grupos de Acción Costeira (GAC), que agora poderán presentarse ata o 31 de marzo de 2014 como data límite. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte unha orde que modifica as bases para a concesión destas axudas.

O cambio permite que accedan a estas subvencións un maior número de beneficiarios e contribuír así á mellora do desenvolvemento das zonas dependentes da pesca.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios