? Manos Limpias terá que pagar unha fianza para que sexa admitida a súa querela contra Bartomeu e Faus

O xuíz Pablo Ruz admitirá a querela interposta por Manos Limpias pola fichaxe de Neymar contra o actuais presidente e vicepresidente do Barcelona, Josep Maria Bartomeu e Javier Faus, no caso de que dita asociación pague unha fianza de 45.000 euros para poder exercer como acusación popular.

Nun auto, o xuíz da Audiencia Nacional cre que hai "indicios suficientes" para admitir a querela de Manos Limpias contra Bartomeu, Faus, o pai de Neymar e o expresidente do club Sandro Rosell, quen xa está a ser investigado por Ruz no marco doutra querela polos mesmos feitos por un delito de apropiación indebida.

Ruz explica que a narración dos feitos de Manos Limpias aseméllase á outra querela contra Rosell, pero que a nova engade novos feitos que se refiren "ao posible engano por parte dos querelados aos titulares dos dereitos económicos sobre os dereitos federativos do xogador" canto Neymar traballaba para os Santos.

Ruz destaca que os catro querellados asinaron varios contratos relacionados coa fichaxe que se están investigando, e por iso conclúe que admitirá a querela cando Manos Limpias pague.

O maxistrado considera con todo que, polo momento e no caso de que Manos Limpias abone o diñeiro, non hai "urxencia ou necesidade para recibir declaración aos querelados en condición de imputados", xa que primeiro ten que esperar ao resultado das dilixencias que acordou no marco da outra querela contra Rosell admitida xa a trámite.

Comentarios