Madrid Fusión coroa ao chef de Lourenzá Iago Castrillón

Iago Castrillón, ayer en Madrid. (Foto: Javier Lizón / Efe)
photo_camera Iago Castrillón, ayer en Madrid. (Foto: Javier Lizón / Efe)

Iago Castrillón e a súa parella e catadora, Eva Pizarro, conducían onte contra a meteoroloxía de regreso a Santiago, logo de gañar no certame Madrid Fusión o premio ao Restaurante Revelación para Acio, o «proxecto vital» que ambos comparten na capital galega.

Para Iago -lugués de Vilanova de Lourenzá, pero nacido en Pedrafita- e Eva, o restaurante que ambos rexentan na Rúa Galeras de Santiago, é «máis que un negocio». «É a nosa profesión, a nosa vida», contesta ela ao móbil mentres el conduce polas nevadas estradas ourensás.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios